A CORUÑA: ABERTA AO MUNDO.

PROXECTO PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA DIVERSIDADE CULTURAL NA CORUÑA.

A gastronomía é un dos rasgos máis visuais e atractivos dunha cultura. A través dos nosos platos, trasmitimos ideas, valores e pensamentos que forman parte do noso bagaxe cultural. Polo tanto, a comida é un vínculo perfecto para coñecer e valorar outras culturas distintas a nosa.

Elexiremos catro países e realizaremos unha inmersión total na gastronomia e a cultura de cada lugar. Para logralo contaremos coa axuda inestimable de profesores/as, cociñeiros locais que serán os auténticos protagonistas do proxecto e nos achegarán ao máis auténtico da súa cociña, con eles/as visitaremos lugares onde atopar os produtos na Coruña, participaremos en reunións familiares, festas, restaurantes, coñeceremos a orixe dos seus produtos, compartiremos mesa coa sua familia…

Trátase de contar as historias que hai detrás dos/as cociñeiros, os sabores e o legado cultural de cada país.

Especias imprescindibles

A Coruña: aberta ao mundo é unha porta aberta ao respeto a través da cultura. Aposta por fomentar as diferencias culturais, véndoas como un elemento enriquecedor e positivo.

VIAXE VIRTUAL INTERACTIVO

Un mundo dende a cociña

OBRADOIROS

Conversas na cociña